top of page

Recursos educativos

Educar na cultura da sostibilidade e a cooperación

Materiais didácticos

Temos claro que queremos cambiar o noso mundo, tecer un futuro social e ambientalmente máis xusto. Un mundo no que sexa a cidadanía, e non as institucións de poder e empresas, a que "manexe os fíos". Pero para iso necesitamos coñecer novas ferramentas de traballo, baseadas na cooperación e espírito crítico e transformador. 

Navega entre os materiais didácticos que as diferentes organizacións e colectivos poñen á túa disposición para traballar en educación ambiental e educación para o desenvolvemento. Anímate a levalos á práctica e non dubides en compartir a túa experiencia.

Documentos teóricos

Do mesmo xeito que é importante ter ferramentas de traballo, a agulla e fío coas que tecer, tamén é fundamental reflexionar e clarificar a orientación do cambio: que novo traxe queremos lucir!

Aproxímate ás bases teóricas do traballo de educación ambiental e educación para o desenvolvemento. Coñece tamén os principais acordos internacionais e políticas dos nosos Estados para favorecer unha cultura da sustentabilidade e cooperación. E non dubides en compartir aqueles materiais que consideres de interese.

Experiencias educativas

O traballo educativo en cultura da sostibilidade e cooperación non é un camiño novo. Xa son moit@s as persoas, estudantes e educador@s, que teceron previamente interesantes iniciativas nesta liña. 

No traballo de investigación en centros escolares puidemos apreciar que é moito o que a comunidade educativa estades a facer para acadar sociedades máis xustas e sustentables. Neste apartado iremos colgando experiencias educativas que queirades compartir, para que o que traballes non quede encerrado entre as paredes da túa aula ou organización. Tes moito que mostrar!

 

 

Materiais empregados na formación realizada en centros educativos no marco do proyecto
bottom of page