top of page

Varios dos recursos están accesibles a través da web. Clica sobre a imaxe e compróbao.

 

Temos claro que queremos cambiar o noso mundo, tecer un futuro social e ambientalmente máis xusto. Un mundo no que sexa a cidadanía, e non as institucións de poder e empresas, a que "manexe os fíos". Pero para iso necesitamos coñecer novas ferramentas de traballo, baseadas na cooperación e espírito crítico e transformador. 

Navega entre os materiais didácticos que as diferentes organizacións e colectivos poñen á túa disposición para traballar en educación ambiental e educación para o desenvolvemento. Anímate a levalos á práctica e non dubides en compartir a túa experiencia

Conoce y valora el cambio climático

Conoce y valora el cambio climático

Propostas para traballar en grupo dirixidas inicialmente a estudantes de secundaria, pero de interese para traballar coa poboación en xeral. Material desenvolto polo Grupo SEPA de investigación da USC e financiado a cargo da Fundación MAPFRE. É o resultado dun proceso de reflexión asociado a unha importante traxectoria do Grupo no estudo das representacións sociais do cambio climático.

Actúa con cuidados

Actúa con cuidados

Material da ONGD InteRed para traballar a educación para o desenvolvemento e a cidadanía global con enfoque interdisciplinar. Aínda que está pensada fundamentalmente para a escola, moitas das súas actividades poden desenvolverse en espazos non escolares que tamén están comprometidos coa construción dun mundo mellor.

Red Transforma

Red Transforma

No marco da Rede “Transforma” de Centros Educativos para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global, promovida pola ONGD InteRed, ponse a disposición de toda a comunidade educativa unha selección de materiais e recursos didácticos de Educación para o Desenvolvemento coherentes co enfoque de Cidadanía Global. Navega entre os recursos propios da entidade, así como doutras organizacións que traballan nesta temática.

Nuestro medio ambiente

Nuestro medio ambiente

O Centro Cultural Poveda (República Dominicana) ofrece esta publicación na que, a modo de cápsulas que encerran sementes de coñecemento, favorece un achegamento sinxelo ás cuestións de maior interese para a cidadanía en relación á problemática ambiental, centrando a súa atención na realidade Dominicana.

Medio ambiente y desarrollo

Medio ambiente y desarrollo

A quen nos preocupan os dereitos das persoas e da natureza defendemos un concepto de desenvolvemento que vai máis aló do crecemento económico. Esta é a idea de fondo nesta publicación editada polo Centro Cultural Poveda (República Dominicana), na que se propón unha lectura do mundo que atende á problemática ambiental, a explotación de recursos, a pobreza e a desigualdade como elementos a atender á hora de promover un desenvolvemento sustentable, xusto e respectuoso coa vida

Cc. Naturaleza y DDHH

Cc. Naturaleza y DDHH

O Centro Cultural Poveda (República Dominicana) propón, a través desta publicación, un enfoque interdisciplinar de educación en ciencias da natureza, ligando a súa abordaxe á cuestión dos dereitos humanos. Un material orientado á práctica docente que parte dunha análise que nos permite situarnos nesta perspectiva de traballo, rompendo coa tradicional disociación ser humano-natureza,e sobre estas bases ofrece unha serie de propostas educativas para a súa abordaxe na escola

Proxecto realizado por:
Financia:                    

Colaboran:

Séguenos en:
  • Wix Facebook page
bottom of page