top of page

Varios dos recursos están accesibles a través da web. Clica sobre a imaxe e compróbao.

 

Do mesmo xeito que é importante ter ferramentas de traballo, a agulla e fío coas que tecer, tamén é fundamental reflexionar e clarificar a orientación do cambio: que novo traxe queremos lucir!

Aproxímate ás bases teóricas do traballo de educación ambiental e educación para o desenvolvemento. Coñece tamén os principais acordos internacionais e políticas dos nosos Estados para favorecer unha cultura da sustentabilidade e cooperación. E non dubides en compartir aqueles materiais que consideres de interese.

Documentos teóricos

Estratexia Galega EA

Estratexia Galega EA

A Estratexia Galega de Educación Ambiental, que data do ano 2000, recolle o compromiso do goberno en relación a promover unha sociedade máis respectuosa co medio ambiente a través da educación. Contén orientacións específicas en relación ás escolas. Con década e media de traxectoria, alcanzáronse os obxectivos formulados?

Estrategia Dominicana de EA

Estrategia Dominicana de EA

Tamén en República Dominicana existe unha Estratexia de Educación Ambiental, que data do ano 2004. Coñécela? Coñeces o compromisos do goberno na promoción da educación ambiental? Con máis dunha década de traxectoria, alcanzáronse os obxectivos formulados?

Proxecto Fénix

Proxecto Fénix

Referido ao contexto galego, este estudo, impulsado pola Sociedade Galega de Educación Ambiental, implicou aos diferentes colectivos e axentes na investigación sobre o estado da educación ambiental en Galicia nos diferentes sectores de acción, entre eles o sistema escolar. A pesar de que a súa realización no 2010 estaba orientada á actualización da Estratexia Galega de Educación Ambiental, esta segunda fase do proceso aínda está pendente.

EpD y ciudadanía global

EpD y ciudadanía global

A ONGD InteRed, en base aos seus anos de experiencia de traballo en centros educativos, desenvolve esta guía que, con carácter práctico, pretende orientar na introdución do traballo en Educación para o Desenvolvemento e a Cidadanía Global en centros educativos. É unha ferramenta excepcional á hora de fundamentar o traballo en educación para o desenvolvemento e avaliar o proceso de incorporación deste enfoque de de forma que impregne a dinámica de centro fronte á acción puntual

Ciudadanía global desde la escuela

Ciudadanía global desde la escuela

Como crear Cidadanía Global desde o sistema educativo é unha dúbida que responden investigando cooperativamente docentes e ONGD’s a través dunha investigación cuxo obxectivo é crear un espazo de traballo cooperativo con distintos actores crave da EpD: docentes de educación primaria, secundaria e universidade, así como persoas responsables de EpD das ONGDs que buscan resposta a unha serie de interrogantes comúns.

Voluntariado

Voluntariado

Aínda que este material recolle os contidos desenvolvidos durante os últimos 16 anos do Programa de Voluntariado Internacional de InteRed, é de sumo interese para tod@ educador/a que traballa en educación para o desenvolvemento. Na transformación social, un paso imprescindible é espertar a toma de conciencia crítica da realidade do noso mundo. Esta publicación recolle de forma comprensible a complexidade que caracteriza o mundo que vivimos e pretendemos transformar.

Educación inclusiva

Educación inclusiva

Este estudo é a base da campaña de InteRed “Educar sumando, a fórmula do cambio”. Levouse a cabo durante o ano 2008 e nel participaron de maneira directa organizacións locais de InteRed en Latinoamérica que levan a cabo actualmente proxectos de Educación Inclusiva. No estudo identifícanse razóns de exclusión máis xeneralizadas en Latinoamérica, asumindo que ten unhas realidades culturais, históricas e sociais moi heteroxéneas.

Tejiendo Ciudadanía Global

Tejiendo Ciudadanía Global

Investigación realizada pola Rede Internacional para a Cidadanía e a Transformación Social sobre os elementos clave que definen o cambio a partir da experiencias das organizacións que forman a Rede.

Proxecto realizado por:
Financia:                    

Colaboran:

Séguenos en:
  • Wix Facebook page
bottom of page