Microproxectos no IES de Valga
- sostenibilidadycoo
- 19 jun 2018
- 2 Min. de lectura

O profesorado de Valgo comparte con nós o estupendo traballo que desenvolveron nos centros educativos:
Logo da parte formativa co profesorado houbo unha parte de traballo de aplicación na aula e a realización de produtos. O enfoque utilizado foi de carácter transversal desde as distintas materias: Paisaxe e sustentabilidade, Cultura Científica e Filosofía.
Traballouse a reciclaxe como hábito para a conservación do entorno e a conformación da paisaxe como produto da acción humana.
Como valores éticos, abordouse a consideración social das profesións e das tarefas en base á sostibilidade, os coidados e a perspectiva de xénero.
Realizáronse unha serie de accións e actividades de carácter transversal inseridas no horario e na programación das materias anteriormente citadas:
1- Realización por parte do alumnado de Bacharelato dun cuestionario sobre reciclaxe e o coidado do entorno, tabuláronse os resultados. A través desta actividade traballouse a competencia matemática. Este cuestionario tamén se pasou a alumnado do Gymnassuium Valga de Estonia co que se ten un proxecto Etwinning e tamén realizaron unha tabulación de resultados realizada en inglés.
2-O alumnado de 1º de Bacharelato de Cultura Científica deseñou unha páxina web file:///E:/Scientia%20Pluviam/natureza.html co que se abordou a problemática dos incendios.
3- Para o alumnado de 4º da ESO de Valores Éticos realizáronse dúas dinámicas "Economía para a vida" e a "Dinámica do iceberg" para visualizar a diferenza entre o recoñecemento social das profesións, a súa utilidade social e a súa pegada no entorno medioambiental. A necesidade de visualización dos coidados e a distribución do tempo desde a perspectiva de xénero.
4- Actividade de aprendizaxe e descubrimento realizada con alumnado de 4º da ESO a partir dunha fábulas de Montaigne na que se establecía unha relación do significado das mesmas con conceptos como a "pegada ecolóxica" "as consecuencias do cambio climático" ou a "distribución do tempo e o valor das accións".
Para esta actividade traducíronse as fábulas e as cuestións asociadas a inglés e preparouse unha guía para celebrar unha sesión de encontro por Skype. co Gymnassium Valga de Estonia. Nesta actividade axudados por unha profesora do departamento de inglés tamén serviu para desenvolver a competencia oral e escrita do alumnado en inglés.
5-Actividade para que interactuaran en grupos mixtos alumnado do IES de Valga e do Gymnassium de Valga, este grupos tiñan que traballar cos seguintes temas a "pegada ecolóxica" "o cambio climático e a saúde" e a "Axenda diaria desde unha perspectiva de xénero" e na que tiñan que buscar indicadores, desenvolver unha serie de cuestións e realizar de táboas de distribución, que realizaron de forma interactiva a través de Google Drive en lingua inglesa. Sobre este asunto houbo un maior avance do alumnado do IES de Valga, porque en Estonia xa estaba en parón lectivo pero que pretende reanudarse en setembro.
Comentarios