top of page

Intercambio de experiencias

Voces

  • Paula Polo (Voluntaria de InteRed)
  • 27 ene 2016
  • 1 Min. de lectura

Conversando coas/os participantes nas Xornadas, estás son algunhas das voces que captei:

Grupo 1ºBAC – IES La Salle

Que temática tratáchedes no voso traballo?

A deslocalización do sector textil galego e o desemprego. Afondamos nas causas do paro mediante enquisas e tamén nos axudou o que aprendimos na asignatura de Económicas.

Que aprendíchedes na realización do traballo?

- Conceptos coma a sustentabilidade, a cooperación internacional, a promoción dunha cultura solidaria...

- Somos a xeneración que ten que cambiar esta situación

Grupo 4º ESO- IES Eduardo Pondal

Que temática tratáchedes no voso traballo?

Sobre os alimentos transxénicos .

Que aprendíchesdes facendo este traballo, ou a que conclusión chegaríades?

- Es todo muy científico, parece que no tenemos en cuenta a la naturaleza en todo esto...

- Necesitamos cambiar o punto de vista por outro máis ético

- Xa, pero tamén aprendimos que cos transxénicos tamén se pode alimentar a persoas doutras rexións

Merche. Profesora IES Eduardo Pondal

Coma profesora, ¿que che pareceu o desenvolvemneto do proxecto?

Eu estou contenta. O mundo vai cara a Illa de Pascua. Podemos ir facendo pequenas cousas, é importante que aprendan, conciencialos.

Con que inconvintes vos atopáchedes á hora de implicarvos neste proxecto?

Coma profes temos un amplo programa que hai que dar, o propio sistema educativo pon trabas, tiven que empregar 3 ou 4 clases e recreos. A época é fastididada (avaliacións, etc) pero é un proxecto interesante. Eles aprenderon.

Que é o que vos atraeu deste proxecto para participar nel?

O mundo vai moi mal, eu coma profe podo incidir neles. Alguén ha de aprender, seguro.

Algunha conclusión? Algo que engadir?

Eu aprendín moito dos rapaces, por exemplo do emprego do coltán. Algúns responden moi ben traballando en grupo.


Comments


Publicacións recentes
Síguenos
  • Facebook Basic Square
Proxecto realizado por:
Financia:                    

Colaboran:

Séguenos en:
  • Wix Facebook page
bottom of page