top of page

Intercambio de experiencias

Lembrando o bo peche de 2015

  • Paula Polo. Voluntaria de InteRed Galicia
  • 27 ene 2016
  • 4 Min. de lectura

O 4 de decembro do pasado ano 2015 tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación da USC a celebración das Xornadas da Cultura da Sostibilidade e a Cooperación ao Desenvolvemento, poñendo así fin á proposta formativa derivada da investigación “Cultura da sostibilidade e cooperación ao desenvolvemento: realidades e perspectivas educativas en Galicia e na República Dominicana”, dirixida polo profesor Germán Vargas e a colaboradora María Barba coma membros da USC.

O obxectivo destas Xornadas foi a presentación dunha serie de traballos realizados por alumnado de diferentes IES de Galicia, implicado nesta proposta formativa grazas á colaboración do profesorado.

Durante a formación previa en centros educativos, na que participaron o centro La Salle e Eduardo Pondal de Santiago, IES de Valga e IES de Muros, desenvolvéronse unha serie de obradoiros para o alumnado facilitados pola ONG InteRed co fin de visibilizar as fracturas do actual sistema económico e social e o seu impacto na natureza, identificar cales dos nosos hábitos contribúen a que iso suceda e poder así substituílos por outras accións máis sostibles co medio. Neste sentido, propónselle ao estudantado a realización, por grupos, dun traballo no que se amose un problema socio-ambiental, identificando catro puntos esenciais: causas do problema, estado actual, consecuencias para a vida e a contorna e resposta-compromiso de solución. A idea era poder compartir estes traballos co alumnado doutros centros educativos en Compostela.

Ao evento en Compostela asistiu o profesorado dos IES de La Salle e Eduardo Pondal de Santiago e IES de Valga, (botamos de menos ao IES de Muros, que finalmente non puido acudir), profesorado da USC, voluntarios e voluntarias da ONG InteRed e por suposto os protagonistas das Xornadas: os alumnos e alumnas, provistos de todo tipo de material expositivo (cartolinas, lapis USB, disfraces) e cos nervios previos a expoñer en público ante un auditorio practicamente cheo.

Trala benvida e inauguración das xornadas, da man de Germán Vargas, María José Méndez Lois e Silvana coma profesorado da Facultade de CC da Educación e Amalia Álvarez coma coordinadora de Intered Galicia, ábrese paso á exposición da “Parábola da Illa de Pascua” polo profesor Pablo Meira; unha boa forma de lembrarnos que ao igual que na illa de Pascua, vivimos nun planeta finito onde debemos tomar conciencia dos seus límites. A súa intervención foi un bo punto de arranque coma previo ás exposicións do alumnado.

...e chegou o gran momento, non sen antes facer un pequeno descanso “ecolóxico e sostible” con produtos locais, composto por zume de laranxa e mandarina ecolóxica, pan de fariña do país con froitos secos e mel e marmeladas artesás.

Para explicar tódolos traballos un por un, precisaríamos dunha segunda crónica pero a modo de resumo podemos dicir que as exposicións se centraron en temas actuais, en moitos dos casos representando unha problemática moi próxima á realidade do alumnado e que en xeral conforman unha problemática de gran calado no eido social e no impacto medioambiental. Temos que dicir que tódalas propostas dos estudantes serían moi válidas para a súa posta en marcha, destacamos o rigor co que se identificaron as problemáticas e a súa fundamentación, sen dúbida grazas a colaboración do profesorado que soubo dirixir, cremos que con moito acerto, os proxectos do alumnado.

Só cos títulos dos traballos xa nos facemos unha idea da seriedade co que foron desenvoltos:

- [endif]“A deslocalización do sector téxtil galego”, cara outros países con desregularización laboral, poñendo o énfase na organización do sector cara a aposta por un traballo feito en Galicia e en condicións dignas.

- [endif]“Causas dos vertedoiros incontrolados”, análise das causas e consecuencias acompañado de fotografías, neste caso na zona de Valga.

[if !supportLists]- [endif]“Teléfono de Comercio Xusto”, baseándose na empresa “Fairphone”, que deseña teléfonos móbiles co menor impacto negativo posible para as persoas e o planeta.

[if !supportLists]- [endif]“O coidado das persoas maiores”, estudo da situación de dependenza das persoas maiores dende a perspectiva da sustentabilidade, na zona de Valga e arredores.

[if !supportLists]- [endif]“Obsolescencia programada”, estudo realizado mediante enquisas sobre a duración dos teléfonos móbiles, propoñendo coma posible alternativa unha especie de “rastrillo de móbiles”, desmontando as pezas e intercambiándoas para reconstruír un novo aparato.

[if !supportLists]- [endif]“Os alimentos transxénicos”, ou “como producir rápido e bonito”, reivindicación ao dereito dos consumidores e consumidoras a obter unha información veraz sobre os alimentos que adquire.

[if !supportLists]- [endif]“Sustentabilidade en relación á moda”, centrándose neste caso na producción e fabricación de determinados pantalóns “jeans” e o uso de elementos químicos contaminantes durante ese proceso así coma na aparición de enfermidades asociadas ao patrón estético imposto pola moda e as marcas publicitarias, coma anorexia e bulimia.

[if !supportLists]- [endif] “Alimentos transxénicos”, pero desta vez presentando a tecnoloxía ADN dos alimentos e como esta enxeñería tamén pode ter un impacto positivo sobre certas comunidades que non teñen un acceso directo ao alimento, amosando así un dilema ético ao respecto.

[if !supportLists]- [endif] “Repercusións das Novas Tecnoloxías nos medios de transporte”, como reducir a contaminación mediante o uso do coche eléctrico, híbrido ou transporte público, e como reducir a radiación dende actividades cotiás, teléfonos móbiles, microondas, etc.

Por suposto, tódalas intervencións foron acompañadas de fotos, vídeos (e ata de teatro!) combinados, en moitos dos casos, dunha oralidade e dotes comunicativas que xa quixeran moitos profesionais. De novo, parabéns!

A tarde foi amenizada da man do grupo de teatro, que nos levantou do asento para rir, xogar, interactuar e tamén traballar pero dende o dinamismo e a creatividade que o teatro permite.

En definitiva, este si que foi un día de verdadeiro impacto. Impacto pola motivación de alumnado e profesorado, pola súa colaboración e entusiasmo. Coido que todos e todas saímos un pouco máis esperanzados ca idea de que as cousas se poden facer doutro xeito.

Coincidiu que o día destas xornadas, 4 de decembro, tamén se estaba a celebrar en París a Cumbre do Cambio Climático, e non minto cando digo que en varios momentos tiven a sensación de que a verdadeira cumbre estaba ese día alí, en Compostela.


 
 
 

Commenti


Publicacións recentes
Síguenos
  • Facebook Basic Square
Proxecto realizado por:
Financia:                    

Colaboran:

Séguenos en:
  • Wix Facebook page
bottom of page