top of page

Intercambio de experiencias

Crónica das Xornadas

  • Pablo Miguel Perez Ferreiro (estudante de La Salle
  • 9 dic 2015
  • 2 Min. de lectura

O venres catro de decembro deste 2015, uns poucos grupos de mozos galegos visitaron a Universidade de Santiago de Compostela para expoñer os proxectos que con tanto esforzo viñeran facendo durante os últimos meses.

Estes alumnos, que proviñan dos colexios Eduardo Pondal, IES Muros, IES Valga e La Salle Santiago, puideron, ademais, presenciar un fermoso acto no cal o equipo de profesores implicado no proxecto presentoulles as diferentes fases do mesmo, incluíndo unha espectacular explicación sobre a Illa de Pascua.

A xornada comezou pouco despois de que todos os mozos chegaran ó edificio, con unha pequena charla de presentación sobre InteRed e os profesores que ían participar naquela iniciativa, tocando tamén os obxectivos do proxecto, e as actividades que se tiñan feito no outro lado do mundo, na República Dominicana, da mesma índole.

Como continuación, despois de ternos presentado o que se ía facer ao longo da xornada, comezou una "clase", dun dos profesores convidados sobre a sustentabilidade, tomando como exemplo a Illa de Pascua e o seus misteriosos moais.

Tomando como punto de inicio os antecedentes da chegada dos europeos á illa, puidemos trazar unha historia da colonización do lugar por parte das xentes da Polinesia. Descubrimos, a continuación, coma unha civilización tan avanzada coma era a dos primeiros habitantes da illa puido quedar totalmente destruída por mor de non ter coidado co seu consumo de recursos naturais.

Isto, claramente, pódese extrapolar á nosa sociedade actual, como poderíamos ver en pouco tempo nas exposición que levaron a cabo os alumnos.

A continuación da fascinante explicación, tomamos uns minutos de descanso, para estirar as pernas e tomar un pequeno refrixerio se o víamos necesario.

Como parte principal do evento, comezaron as exposicións do alumnado. Diferentes temas sobre sustentabilidade e cooperación foron tratados: obsolescencia programada, a atención ós maiores, os alimentos transxénicos...

Debido a uns pequenos retrasos, tivemos que facer unha parada para a comida, que os mozos puideron gozar nos exteriores da facultade.

Unha vez rematado o almorzo, puidemos rematar as exposicións restantes e, como culminación, facer unhas actividades dirixidas por un grupo especializado sobre representación teatral e cooperación.

En resumo, unha xornada fascinante e moi útil, da que poden aprender tanto alumnos como profesores, e que deixa a incuestionable verdade de que se non somos quen de colaborar e reducir o abuso de materias naturais, seguramente non fiquemos na Terra por moito tempo.


Comments


Publicacións recentes
Síguenos
  • Facebook Basic Square
Proxecto realizado por:
Financia:                    

Colaboran:

Séguenos en:
  • Wix Facebook page
bottom of page