top of page

galego /  español

Este proxecto de investigación, está encadrado na 5ª Xeración da Educación para o desenvolvemento, cuxo eixo é a noción de ‘cidadanía global’. ​

 

A hipótese de partida desta investigación expresouse nos seguintes termos: a construción dunha cultura da sustentabilidade que avoga pola defensa do medioambiente, a limitación dos problemas ambientais e a asunción dun modelo de vida alternativo menos nocivo para a contorna, está intimamente ligada á sensibilidade, actitudes e formación ambiental dos estudantes e profesores nos centros educativos, cuxos axentes en Galicia e a República Dominicana teñen unha escasa formación e conciencia do que supón o desenvolvemento dunha cultura cooperativa e de sustentabilidade. Un feito que dificulta a integración da visión da sustentabilidade nos procesos de educación para o desenvolvemento, aspecto que coincide co descoñecemento das potencialidades da cooperación para o desenvolvemento na tarefa de crear sociedades máis equitativas e eficientes. ​

 

O obxectivo da investigación sería, por tanto, coñecer e analizar as claves de construción da cultura da sustentabilidade ambiental e da cooperación entre o estudantado e o profesorado de Galicia e da República Dominicana, para a promoción do diálogo intercultural, a sustentabilidade e a cidadanía global.

 

Pola súa relevancia no ámbito da Educación para o Desenvolvemento e a cooperación, os resultados da investigación teñen as seguintes aplicacións prácticas: ​

 

  • Deseñar unha estratexia de educación para o desenvolvemento fundamentada en datos contrastados, axustados ás necesidades e expectativas do estudantado e do profesorado de Secundaria e Bacharelato en Galicia e República Dominicana, dous colectivos fundamentais para a Educación para o Desenvolvemento.

  • Mellorar o traballo das ONGDs en Galicia e en República Dominicana, xerando información para unha atención máis orientada e adecuada ás prioridades e necesidades dos estudantes e os seus formadores nos centros educativos.

  • Desenvolver e consolidar unha cultura da sustentabilidade entre o estudantado e o profesorado nos centros educativos, comprometida coa defensa da natureza e a promoción de estilos de vida menos nocivos e destrutores da contorna natural e social.

  • Promocionar e fomentar o sentido da interdependencia , a solidariedade e a cooperación entre os estudantes e docentes de Galicia e os seus homólogos noutros países (en leste caso República Dominicana) na procura doutras formas de desenvolvemento.

  • Profundar, en xeral, na elaboración, comprensión e interiorización do sentido da cidadanía global, e o desenvolvemento dunha conciencia de pertenza e responsabilidade planetaria, fundamentada na construción dunha cultura da sustentabilidade e a cooperación.

 

PLAN DE TRABALLO: 4º ETAPAS

Centros educativos implicados

En Galicia                                                                                                                                             En  República Dominicana                      

  • IES de Valga (Valga, Pontevedra)

  • IES Plurilingüe Fontexería (Muros, Pontevedra)

  • IES Eduardo Pondal (Santiago de Compostela)

  • Colegio La Salle (Santiago de Compostela)

  • Colegio Juan Pablo Duarte (Santo Domingo)

  • Colegio Santo Cura de Ars (Santo Domingo)

  • Liceo Endina Puello Renville (San Cristóbal)

  • Liceo Felipe Pozo Linares (Hato Damas - San Critóbal)

Cultura da sostibilidade e da cooperación ao desenvolvemento. Realidades e perspectivas en Galicia e Republica Dominicana (2015-2016) - aka csc

Formación e difusión dos resultados da investigación
Análise de datos e elaboración de conclusións e informes
Aplicación dos instrumentos de recollida de datos en Galicia e República Dominicana
DEFUSIÓN
ANÁLISE
TRABALLO DE CAMPO
DESEÑO
Organización e sistematización da investigación
bottom of page