top of page

galego /  español

+ comunidade: Educar nunha cultura da sostibilidade, os coidados e aa cooperación (2016 - 2017)

O proxecto + Comunidade: Educar na Cultura da Sustentabilidade, os Coidados e a Cooperación enmárcase dentro Plan Proxecta, impulsado pola Xunta de Galicia. Proxecta é un plan que busca unha mellora na calidade educativa e favorecer a innovación nos centros educativos a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo, cooperativo e en rede, ao alumnado e profesorado indicado, potenciando o desenvolvemento de competencias crave e a educación en valores. O proxecto +Comunidade tamén forma parte da campaña estatal de InteRed “A Revolución dos Coidados”. ​

 

Este proxecto tamén se inscribe no marco conceptual da 5º Xeración da Educación para o Desenvolvemento, centrada na configuración dunha cidadanía planetaria, responsable, comprometida coa superación das inxustizas e dos problemas xerados pola crise ambiental e económica, e, sobre todo, capaz de transformar a realidade.

 

O obxectivo xeral do proxecto é xerar procesos formativos, co profesorado e o alumnado dos centros educativos de Galicia, que faciliten a construción dunha cultura da sustentabilidade, os coidados e a cooperación a nivel local e global, a partir da configuración de coñecementos, habilidades, comportamentos e valores que permitan propoñer alternativas de comprensión, organización e transformación da realidade escolar, comunitaria e global. Durante o desenvolvemento do proxecto preténdense abordar os seguintes contidos: ​

 

  • A xeración de coñecemento para formar e informar sobre as implicacións do factor humano na crise ambiental, de forma que os suxeitos da intervención socioeducativa desenvolvan unha conciencia crítica en canto as súas accións e modos de vida na contorna natural e na convivencia social.

  • O desenvolvemento de competencias e ferramentas prácticas entre o profesorado e o alumnado para actuar de forma consciente e eficaz fronte aos problemas derivados da crise socioambiental.

  • A valoración dos labores humanos invisibilizadas de coidados, destacando a perspectiva da equidade de xénero.

  • Potenciar a conciencia de responsabilidade e de cidadanía global. ​  

 

O proxecto segue catro fases principais:

FORMACIÓN TÉCNICA
Aprendizaxe Servicio Experiencias APS (centros educativos e comunidade)
FORMACIÓN TÉCNICA
DESEÑO DA ACCIÓN
APLICACIÓN DA ACCIÓN
AVALIACIÓN DA ACCIÓN
Implementación da acción, no centro e/ou na comunidade
Valoración da incidencia do proxecto na comunidade
Diagnose do contexto. Priorización dun tema. Planificación da acción.
Neste proxecto participaron:

As insuas de Muros

IES de Valga

IES Ramón Aller Ulloa de Lalín

IES Eduardo Pondal de Santiago.

bottom of page