top of page

COMEZO           QUEN SOMOS           QUE FACEMOS            ¡PARTICIPA!          RECURSOS            BLOGUE

galego /  español

SEPA TRANSICIÓN. UN GRUPO DE INVESTIGACIÓN QUE APUESTA POR LA COHERENCIA Y LA INNOVACIÓN.

 

Desde a súa constitución no ano 2000, o Grupo de Investigación en Pegagoxía Social e Educación Ambiental (Universidade de Santiago de Compostela) vén actuando como plataforma para o desenvolvemento de numerosos proxectos de investigación ligados ao campo da educación comunitaria, a acción socioeducativa, os tempos educativos e sociais, ou a pedagoxía e educación ambiental.

           

Ao comezo do curso 2010-2011, o Grupo SEPA participou no deseño e impulso do Programa USC en Transición, unha iniciativa que busca trasladar a filosofía das comunidades en transición ao ámbito universitario. O papel do Grupo SEPA foi o de asesor da Oficina de Desenvolvemento  Sostible da USC na definición das liñas mestras do programa, así como no desenvolvemento de actividades formativas para profesorado e alumnado.

       

Programa USC en Transición ten como obxectivo xeral a dinamización da comunidade universitaria da USC para pór en marcha procesos de transición a pequena escala que, na súa conjunto, ademais de dar a coñecer outros modelos de vida máis sustentables, contribúan a reducir a pegada e a débeda ecolóxica da universidade.

           

Neste contexto, no ano 2012, varias persoas do Grupo SEPA decidiron dar un paso máis e adaptar a metodoloxía da transición ás unidades básicas sobre as que se organiza gran parte da actividade investigadora; ponse así en marcha a iniciativa “SEPA en Transición” co obxectivo de facer do Grupo SEPA un grupo de investigación en transición.

 

Como é un grupo de investigación en transición?

 

A iniciativa SEPA en Transición preséntase como un proceso, quizais pioneiro, no que se pretende dar resposta á pregunta que serve de enunciado; para iso, propuxémonos como obxectivo inicial desenvolver accións que reduzan as emisións de CO2 ligadas á nosa actividade académica; pero non só isto.

 

A posta en marcha de medidas que, presumiblemente, aumenten a resiliencia do grupo convértese tamén nunha oportunidade para reflexionar sobre a investigación que desenvolvemos e a súa coherencia, os conceptos que se manexan e a súa relación coa transición, ou a proxección da nosa actividade académica na sociedade e o seu impacto. Desta forma, a iniciativa SEPA en Transición quere ser tamén unha investigación-acción a través da que obter claves para avanzar cara á sustentabilidade que poidan ser empregadas por outros grupos e iniciativas.

 

E aínda hai máis, xa que, en última instancia, desde SEPA entendemos este proceso como unha forma de tender pontes entre disciplinas e movementos. Desde un punto de vista educativo, as iniciativas en transición poden ser consideradas unha excelente metodoloxía para achegar ás comunidades locais os desafíos do cambio climático e o pico do petróleo. Con todo, a educación, en xeral, e a Educación Ambiental, en particular, non aparecen explicitamente nas iniciativas en transición.

 

Pescudar o porqué deste baleiro constitúe unha das liñas de investigación emerxentes do grupo que, paralelamente, pretende establecer redes de colaboración entre o movemento en transición e o da Educación Ambiental. Estamos convencidos de que, desta forma, poderanse xerar sinerxías nas que a Transición se beneficie da traxectoria práctica e teórica da Educación Ambiental e, á súa vez, a Educación Ambiental dispoña de novos espazos nos que evolucionar, madurar e desenvolver accións acordes co seu propósito de acrecentar a xustiza ambiental e social.

 

Algúns dos integrantes do Grupo SEPA en Transición interesáronse pola posibilidade de fortalecer o proceso da investigación "Cultura da sustentabilidade e cooperación: realidades e perspectivas en Galicia e República Dominicana" colaborando coas accións de formación en centros.

 

Para calquera consulta, non dubide en escribirnos a : sepatransicion@gmail.com

 

Proxecto realizado por:
Financia:                    

Colaboran:

Séguenos en:
  • Wix Facebook page
bottom of page